‘As voces silenciadas’, primeiro monumento ás vítimas do Franquismo

LOUSAME> A obra, realizada polo artista Gonzalo Sarasquete, foi posible grazas ás aportacións dos concellos da zona e da Deputación da Coruña. A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica do Barbanza inaugurou onte ‘As voces silenciadas’, o primeiro monumento en memoria das vítimas da ditadura franquista da comarca, deseñado polo artista Gonzalo Sarasquete. Ata O Confurco, lugar onde se celebrou esta homenaxe, achegáronse diversas autoirades, entre elas a alcaldesa de Lousame, Teresa Villarverde, quen explicou que hai que entender o monumento como algo pedagóxico. Dende a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica quixo lembrarse da situación de represión que vivían as mulleres durante a ditadura franquista. Tamén participou no acto a deputada provincial Ánxela Franco, que agradeceu o labor dos concellos e da comisión para a realizaciñon deste monumento, e apuntou ó medo e a ignorancia como responsables da memoria histórica. A partir de agora O Confurco será un punto de encontro na memoria de todos aqueles que deron a vida pola liberdade e a democracia.