Novas sabotaxes na confraría de Cabo de Cruz

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/09/conflitomariscadorescabodecruz0906141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/09/conflitomariscadorescabodecruz090614.mp4{/flowplayer} BOIRO> Varios candidatos á xunta xeral do pósito crucense sufriron destrozos nos motores das súas embarcacións e tamén nun vehículo. A convocatoria de eleccións ás confrarías de pescadores, volve a reabrir un conflito existente dende hai tempo no seo do pósito de Cabo de Cruz. Ó redor duns cen mariscadores, de a pé e de a flote, concentráronse esta mañá ás portas da confraría , para denunciar as sabotaxes sufridas por varios candidatos a entrar a formar parte na xunta xeral da confraría. Os motores de tres embarcacións apareceron totalmente esnaquizados. Estes incidentes súmanse a outro que se producía tamén na fin de semana e que afectou a un vehículo propiedade doutro candidato que aparecía coas rodas raxadas e varios buracos no capó . Segundo eles é algo que se repite habitualmente cada vez que se producen unhas votacións. Están convencidos de que estes incidentes teñen unha finalidade clara. Amedrentalos para que decidan non presentarse. Aínda que teñen medo, tanto por eles como polos seus bens, non están dispostos a renunciar, afirmando que seguirán ata as últimas consecuencias. A Garda Civil de Boiro xa iniciou unha investigación coa finalidade de dar co posible ou posibles autores dos feitos.