Os máis pequenos en Boiro aprenden a facer postres de entroido

BOIRO> Na actividade, organizada polo Concello, participaron uns trinta cativos de idades comprendidas entre os seis e os doce anos. Os pequenos convertéronse por unhas horas en reputados pasteleiros.

Metidos de cheo na festividade do entroido, e antes da queima da sardiña, un grupo de nenos de Boiro participaron esta mañá nun obradoiro de repostería organizado polo Concello. Aprenderon a elaborar doces típicos destas datas. E vaia se lles gustou. Non só facelos, senón máis ben comelos.

A actividade, organizada polo Concello, resultou todo un éxito. Ademais de aprender a realizar varias receitas, os nenos comparten o seu tempo de lecer, axudando tamén á conciliar a vida laboral das súas familias, nestes días de vacacións.

A festa non podía rematar sen a tradicional foto de familia na que aparecen tódolos participantes no obradoiro. Peor sorte correron os doces, dos que deron boa conta e dos que apenas quedaron.

Comments are closed.