Inaugurada a variante de Noia

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/04/aperturavariantenoia0407141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/04/aperturavariantenoia040714.mp4{/flowplayer}

    NOIA> Hoxe abriuse oficialmente ó trafico despois de catro anos de obras. Na súa inauguración estiveron o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a nova conselleira de territorio e infraestruturas, Ethel Vázquez e numerosos alcaldes de concellos veciños.


    O presidente da Xunta de Galicia, conselleiros, alcaldes, xornalistas e outros persoeiros, recorreron o trazado da variante de Noia que hoxe se abriu oficialmente. Tras chegar ó porto de Testal, Núñez Feijoo, a nova conselleira de territorio e infraestruturas, o alcalde de Noia e o futuro alcalde de Santiago realizaron os seus respectivos discursos para dar a benvida a nova vía de alta capacidade. O presidente incidiu no que esta variante suporá para os concellos da ría de MurosNoia, así como para a capital de Galicia. A nova conexión aumenta a sinerxía de todas as vilas en prol de potenciar o turismo galego. Agustín Hernández, estivo hoxe no acto como futuro alcalde de Santiago, pero tamén como ex conselleiro de territorio e infraestruturas, cargo desde o cal impulsou este proxecto que hoxe é realidade. A estas horas xa está aberta a ponte que percorre a Ría de beira a beira. A construción reducirá en preto de 8.000 vehículos ó día, o volume de tráfico do centro de Noia, desatascando o núcleo urbano e aforrando un mínimo de 10 minutos de percorrido. Este día, que xa forma parte da historia de Galicia, non o quixeron perder numerosos veciños e veciñas da comarca. Moitos foron os que ata Testal se achegaron para ser parte desta inauguración.