BOIRO> Aproveitando a celebración do Dia Mundial dos Océanos, o concello de Boiro xunto coa asociación ecoloxista ADEGA organizaron esta mañá no areal de Barraña, a terceira xornada simultánea de praias. Unha limpeza que tiña coma principal obxectivo concienciar sobre a tipoloxía de residuos que se atopan nas praias e a súa incidencia nos océanos. Na actividade tomaron parte uns 229 escolares do colexio Santa Baia e a ela asistiron tamén o alcalde, Xoán Xosé Dieste, e os edís de Medio Ambiente e Ensino, Juan Antonio Moledo e María José Lorenzo, respectivamente.
Inicio Barbanza - Muros - Noia