O campamento de verán de Rianxo terá a arte como fío condutor

    RIANXO> “Crearte” está dirixida a nenos e nenas nados entre o 2002 e o 2010 e terá un total de 210 prazas. 

    O Campamento Urbano e Deportivo 2014 traballará a arte nas súas distintas manifestacións (pintura, teatro, fotografía, escultura…), como medio de expresión e comunicación dos nenos e nenas. Os participantes gozarán de obradoiros de pintura e escultura, traballarán na área do graffiti, de customización de prendas e complementos de roupa, de danzas de diversos puntos da xeografía, de teatro, manualidades, xogos, bailes, animación a lectura e unha infinidade de actividades deportivas. De luns a xoves, sempre en horario matinal, desenvolveranse actividades no Colexio Castelao e actividades deportivas no Pavillón Polideportivo. Os venres aproveitaranse para realizar saídas pola vila de Rianxo e coñecer diversos recunchos deste municipio. O prazo de inscrición estará aberto dende maña, 11 de xuño ás 10 horas, ata o 22 de xuño ás 24 horas. Poderase realizar a inscrición tanto nas oficinas de Deportes como na de Xuventude, ou inscrición en liña en www.concelloderianxo.es. No caso de que o número de inscritos supere ó número de prazas realizarase un sorteo entre todos aqueles inscritos en prazo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí