Terras de Galicia acudirá a FITUR coma un destino turístico específico

    terrasgalicia_100psd.jpgPONTEVEDRA > A concellería de Innovación e Industria e os concellos integrantes de Terras de Pontevedra, presentaron esta mañá o material do proxecto turístico

    {flowplayer}images/salnes/terrasgalicia.flv{/flowplayer} 

    PONTEVEDRA > A concellería de Innovación e Industria e os concellos integrantes de Terras de Pontevedra, presentaron esta mañá o material do proxecto turístico co que esta comarca pretende facerse un oco dentro do turismo galego. E é que por primeira vez, estes concellos acoden baixo un mesmo selo a que é a feira de turismo máis importante de España , FITUR.

    Marín, Poio, Cotobade, Pontevedra, Barro, Campo Lameiro, Ponte Caldelas e Vilaboa son os concellos que forman parte de Terras de Galicia. Un proxecto turístico que por primeira vez se vai a presentar en FITUR, o vindeiro un de febreiro. Hoxe coñecemos da man dos alcaldes destas localidades e da delegada provincial de Innovación e Industria, Monserrat Prado, as bases do plan turístico.

    Sinalou hoxe a delegada de industria que Terras de Galicia coma un destino específico de turismo non é coñecida, e por iso hai que dar a coñecela, “poñela en mercado”, en feiras tan relevantes como é a de FITUR. Pola súa banda, os alcaldes confían na iniciativa de TURGALICIA, xa que os municipios do proxecto teñen moitos atractivos. Máis alá das praias, tamén queren potenciar activos coma o patrimonio etnográfico, artístico, cultural, histórico ou natural.

     A idea de integrar nun mesmo plan conxunto de dinamización turística ós concellos de Terras de Galicia, xurdiu o pasado ano, dende a secretaria xeral de turismo. E aínda que tiveron que traballar a contra reloxo para poder estar este ano en FITUR, os representantes do proxecto mostraron hoxe a súa satisfacción por poder ter o seu propio oco dentro da feira.

    Redacción Salnés