BOIRO> O Club de Remo de Cabo de Cruz presentou os equipos para a presente tempada. Serán tres as tripulacións que competirán na Liga Galega e nas categorías masculina e feminina da Liga ACT.
O Club de Remo Cabo de Cruz arranca a tempada con grandes expectativas. Iniciada xa a liga galega, a entidade presentou o equipo que disputa o campionato autonómico así como a tripulación feminina e masculina que competirán na Liga Euskotren e Euskolabel respectivamente.
Traballo duro e dedicación que agardan, se vexan recompensados con éxitos deportivos. Contan para elo co apoio do concello que leva anos realizando unha firme aposta polo deporte.
Precisamente, o seu principal patrocinador, Jealsa Rianxeira, confía nos éxitos destas tres tripulacións que levan por bandeira a cultura do esforzo.











