Arranca a construción da escola infantil de Porto do Son

    PORTODOSON> A consellería de Traballo e Benestar informou hoxe da formalización do inicio das obras de construción da escola infantil de Porto do Son. Segundo informaron fontes da propia Consellería os traballos darán comezo a partir do vindeiro luns co movemento de terras e a instalación dun valado que delimitará a zona. Cabe lembrar que a futura escola infantil sonense, que se constrúe no Campo da Atalaia, nunha parcela anexa á casa consistorial, disporá de 41 prazas e suporá un investimento duns 410 mil euros.