O PP barbanzán celebra a súa aplastante victoria

    BARBANZA> Tras coñecer os resultados das votacións as sedes do Partido Popular no Barbanza convertéronse nunha auténtica festa. En Ribeira, ducias de militantes e simpatizantes achegáronse ata a sede do partido a celebrar por todo o alto a vitoria electoral do PPdeG. Cos datos xa man e despois de comprobar como a súa formación vencera con total claridade en tódalas mesas electorais do municipio, o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, mostrouse exultante pola aplastante vitoria acadada nas urnas, o que lle permite ó PPde G poder revalidar a maioría absoluta. O exalcalde de Outes, Carlos López Crespo, será polo de agora o único representante da comarca na Cámara Autonómica. Pouco antes do peche dos colexios electorais, no momento despois de emitir o seu voto, a onde acudiu coas súas netas.