A Illa prepárase para que o Festival do Norte duplique a súa poboación

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/12/ptac_festival_norte.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/12/ptac_festival_norte.mp4{/flowplayer}

 

A ILLA> A Illa de Arousa prepárase para deixarse paralizar polo Festival do Norte. A 21 días de que arranque a cita, a organización presentou esta mañá o cartel definitivo. Tamén se puxeron á venda as entradas diarias, que veñen precedidas do éxito de venda dos abonos: a estas alturas, xa hai preto de 4.000 vendidos.

Durante os días 3, 4 e 5 de xullo a Illa de Arousa duplicará, cando menos, a súa poboación. O Festival do Norte escolle por primeiro ano o municipio insular como escenario. Todo un reto.

Segundo as contas da organización, xa hai preto de 4.000 abonos vendidos para os tres días de festival.

O escenario principal, o Son Estrela Galicia, ocupará o varadoiro do Xufre. E por el pasarán recoñecidos grupos independentes como Austra, The Horrors, Russian Red, Lori Meyers ou The Pains of being Pure at heart.

O programa inclúe actividades para toda a familia e de libre acceso, como unha exposición fotográfica e o “Ultramarinos”, un mercado artesán. Os que teñan entrada tamén poderán pasar ao escenario principal e aos concertos do auditorio, cun aforo limitado de 250 persoas.

Outro dos obxectivos de organización e concello é evitar que os visitantes usen o coche. Así, haberá dúas lanzadeiras de autobuses que farán o percorrido dende O Grove e dende Vilagarcía cara a Illa e á inversa. Dentro do concello, dous trens turísticos levarán aos asistentes polos diferentes escenarios.