O EncestaRías internacionalizase na súa IV edición

VILAGARCÍA> Rematamos agosto, tal e como o comezamos falando da IV EncestaRías que se celebrará na capital de Arousa os vindeiros 7 e 8 de setembro. A confluencia das rúas Rey Daviña e Valentín Viqueira en Vilagarcía foron testemuñas da presentación oficial deste torneo de baloncesto, que conta cun alto nivel deportivo, e que este ano ademais se internacionaliza coa participación do Alba de Berlín.
A IV edición do Torneo EncestaRías xa quenta motores, en Vilagarcía, a pouco máis dunha semana para a súa celebración. Importante torneo, cun cartel de elite ao que este ano se suma un internacional o Alba Berlín.
O torneo apunta a consolidarse como un referente para os afeccionados ao bo baloncesto na pretemporada da Liga Endesa. Os partidos celebraranse nas instalacións municipais de Fontecarmoa.
Tal e como apuntan dende a organización as localidades poden mercarse en diferentes establecementos, e na mesma billeteira de Fontecarmoa.
A xogadora de baloncesto local Sara Gómez foi a elixida para exercer este ano de madriña do torneo, nun acto no que houbo moita expectación e o que asistiron caras recoñecidas como a do alcalde da vila ou a secretaria xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, entre outros.