Asaltan a casa do párroco de Cruces e asfixian á súa asistenta

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/15/AsaltoCasaParroquialCrucesPadron1509141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/15/AsaltoCasaParroquialCrucesPadron150914.mp4{/flowplayer}

    PADRÓN> O párroco de Cruces e a súa asistenta foron vítimas dun atraco na casa reitoral, onte pola noite. A muller, de 80 anos, faleceu por asfixia.

    Golpeados, atados e amordazados. Así trataron os asaltantes ó párroco de Cruces e á súa asistenta dende hai máis de dúas décadas. A muller conseguiu sacar a mordaza e gritar, polo que os intrusos lla apertaron aínda máis. As investigacións apuntan que esta foi a causa do falecemento por asfixia de María Soto. O suceso causou unha gran consternación entre os veciños da parroquia padronesa de Cruces, e máis tengo en conta que a casa foi víctima de outros dous asaltos no que vai de ano. Tras o asalto, acontecido na noite de onte, o párroco logrou avisar a súa irmá quen telefonou ó 112. Posteriormente a Garda Civil e o Xulgado de Garda de Padrón tomaron as rendas da investigación. Ó longo desta mañá, numerosos axentes mantiveron rodeado o perímetro da casa, e foron moitos os medios de comunicación que se achegaron a Cruces para dar conta do sucedido. Sábese xa, por declaracións dos veciños, que o párroco Ramón Barral xa foi dado de alta e inclusive se achegou ata o lugar do suceso para colaborar na investigación.