Rosa Quintana inaugura tres proxectos de mellora do rural en Boiro

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/13/conselleiramedioruralinauguraobrasboiro1306141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/13/conselleiramedioruralinauguraobrasboiro130614.mp4{/flowplayer}

    BOIRO> A conselleira de Medio Rural e Mar visitou esta maña o concello para inaugurar tres proxectos dinamizadores do rural que se remataron recentemente.

    O alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, mostroulle á conselleira o resultado de meses de traballo. A remodelación do pavillón de Beluso xa está executada, satisfacendo a demanda que numerosos veciños viñan facendo e que o equipo de goberno de Dieste se comprometeu a realizar no seu programa electoral. Bealo era a única parroquia de Boiro que non dispoñía de pavillón polideportivo e o alcalde foi consciente da carencia destes veciños. A partir de agora, as súas portas ábrense para dar cabida a multitude de actividades. Outro proxecto levado a cabo foi a instalación dun novo parque infantil nas inmediacións do polideportivo. A nova área recreativa será para goce dos máis pequenos. En Macenda tamén se creou unha área de ocio con parque que dará servizo ós veciños da parroquia. Estas tres accións ascenden a 190.000 euros dos cales 120.000 proviñan da consellería do Medio Rural, que ten como obxectivo equiparar as condicións de vida ás do medio urbano. Rosa Quintana mostrouse orgullosa do traballo realizado conxuntamente.