RIBEIRA> Manuel Ruíz xa perfilou a distribución das áreas de goberno e as asignacións de persoal. Previsiblemente manteranse tres dedicacións e dous cargos de confianza.
Aínda que algúns grupos da oposición xa declinaron o ofrecemento do PP a formar parte do goberno, outros nin sequera contestaron, o que fai pensar que Manuel Ruíz liderará novamente un goberno en minoría ó longo dos próximos catro anos. O rexedor xa procedeu á delegación de competencias no novo goberno. Victor Reiriz repetirá coma concelleiro delegado de Seguridade e Mobilidade Cidadá; Ana Isabel Ruiz asumirá Servizos Sociais, Promoción Social, Igualdade e Diversidade; Ana Isabel Barreiro será a concelleira delegada de Administración, Innovación Tecnolóxica e Transparencia, Atención e Participación Cidadá; Ramón Doval encargarase das concellerías de Relacións Institucionais, Turismo, Promoción e Dinamización Económica; Juana María Brión asumirá Educación, Xuventude e Deportes, mentres que Elvira Pereira será concelleira delegada de Medio Ambiente, Parques e Xardín e Cemiterios; Emilio Pérez Outeiral encargarase de Persoal, Benestar Comunitario, Mercados e Consumo e María José Sampedro será a concelleira delegada de Infraestruturas e Urbanismo, así como Cultura. Pola súa banda o alcalde Manuel Ruiz levará as áreas de Economía, Facenda e Pesca. A proposta que manexa o grupo de goberno de cara ó pleno de organización contempla tamén que María José Sampedro e Emilio Pérez Outeiral teñan dedicacións exclusivas, o que os converte de nas “persoas fortes” do novo goberno de Ruiz.
Comments are closed.