A Xunta aposta polo bioensaio como método para detectar biotoxinas

    RIANXO> Rexeitan o método químico imposto pola Unión Europea segundo puntualizou Rosa Quintana.

    A Xunta de Galicia pretende que a Unión Europea estableza unha moratoria na aplicación do método oficial de detección de biotoxinas mariñas. Dende o 2009, o executivo autonómico manifestou a súa oposición a cambiar o método do bioensaio polo químico, xa que o químico é máis caro e non ofrece maior protección para o consumidor. A conselleira de Medio Rural e Mar facía estas declaracións na inauguración do primeiro foro da actividade acuícola galega, celebrado hoxe no concello de Rianxo. Salientou ademais as capacidades deste sector e os beneficios que supoñen para Galicia, sobre todo no que respecta a xeración de emprego. Actualmente na acuicultura galega teñen cabida 2.700 empresas e hai máis de 6.400 traballadores implicados neste ámbito. Rosa Quintana lembrou que o sector acuícola conta cun documento que rexe a planificación e a xestión da actividade ata o horizonte 2030, colocando Galicia como a primeira comunidade europea en realizar un plan estratéxico semellante. Despois dun duro inverno pasado por auga, parece que o verán xa chegou as nosas praias para quedarse. Xa hai quen estreou os baños desta temporada estival, pero os areais presentarán a súa mellor imaxe o sábado e o domingo.