MEAÑO> Rematan as obras de humanización do entorno da igrexa de Simes en Meaño. Con cargo ao plan concellos da Deputación de Pontevedra a intervención tivo un custo de 263 mil euros. Melloráronse as vías de acceso á igrexa e se canalizaron as redes de telecomunicacións.
A humanización da contorna da igrexa de Simes en Meaño xa é unha realidade. A través do plan concellos, a administración local e a deputación de Pontevedra levaron a cabo un proxecto de mellora deste entorno. A interevención tivo un custo de 263 mil euros.
A obra permitiu mellorar os accesos e canalizar as redes de telecomunicacións.
Desta mellora non só gozarán os veciños de Meaño, se non tamén os visitantes, xa que os 1200 metros de rúas intervidos, forman parte do camiño de Santiago.
A obra xa está rematada e aberta ao tránsito dos peóns. Para a circulacións de vehículos haberá que agardar ata a fin de semana.