Quintana ve “normal” o proceso das eleccións nas confrarías pero pide “responsabilidade”

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/18/conselleira_vilaxoan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/18/conselleira_vilaxoan.mp4{/flowplayer} 

     

    VILAGARCÍA> Só faltan 10 días para que as confrarías galegas escollan os seus novos equipos directivos. Por primeira vez celebraranse as eleccións á vez nos 63 pósitos da comunidade, aínda que o proceso non está a transcorrer do mesmo xeito en todas partes. Cabo de Cruz ou Noia están a ser dous dos puntos máis conflitivos. Porén, dende a Consellería do Mar insístese en que todo se está a desenvolver con normalidade.

    Que o proceso electoral se está a desenvolver con normalidade é a versión que dan dende a Consellería sobre os días previos aos comicios nas confrarías galegas.

    Así a conselleira fixo unha referencia velada aos problemas que se están a rexistrar nalgúns pósitos, como é o caso do de Cabo de Cruz, en Boiro. Quintana non quixo sinalar a ninguén, pero pediu responsabilidade.

    Tamén falou do caso de Noia. Alí, un sector dos socios están a pedir a suspensión das eleccións; unha decisión que, segundo Quintana, non compete á consellería.

    As eleccións nas confrarías celebraranse o vindeiro 28 de xuño.