A FGCN optimista ante os últimos golpes ao narcotráfico

VILAGARCÍA> As recentes operacións antidrogas levadas acabo en Arousa, Ourense e Marín, así como a primeira condena a Sito Miñanco, e ao seu entorno máis preto, por branqueo de capitais procedentes do narcotráfico vense como accións moi favorables dende a Fundación Galega contra o Narcotráfico.
No que levamos de 2019 xa se produciron dúas operacións importantes contra o tráfico de drogas. A primeira freou a entrada de 400 kg de cocaína e na segunda interceptáronse contedores con torta de palmiste para poder elaborar preto de 3 toneladas de cocaína segundo a Policía Nacional. Unhas novas que dende a Fundación Galega contra o Narcotráfico ven de xeito moi positivo.
Dende a entidade insisten na necesidade de reforzar o servizo e de que se confisquen os bens que permiten a estes homes e mulleres continuar sendo narcotraficantes. Ademais esta semana coñecíamos que Sito Miñanco e o seu entorno por branqueo de capitais provinte do narcotráfico.
Gonzalo Boye, avogado de Sito Miñanco rexeita o fallo xudicial e admite que están preparando un recurso contra esta decisión. Esperase tamén un recurso por parte das defensas do resto de acusados. Recordar que estamos falando da ex muller, da súa filla e da irmán da primeira, así como de un empresario. Todos eles condenados a 4 anos de prisión e a unha multa de 6 millóns de euros por branqueo de capitais procedentes do narcotráfico.