Reclaman que a flota portuguesa descanse a fin de semana

    RIBEIRA> No Consello Local de Pesca avogan por esixir as mesmas condicións ós portugueses que pesquen en augas españolas.

    O acordo bilateral entre España e Portugal foi o punto máis importante do día, dentro da sesión extraordinaria do Consello Local de Pesca. Segundo apuntou o alcalde, Manuel Ruíz, todos coinciden en que flotas españolas e portuguesas deben ter as mesmas condicións á hora de faenar. Esta postura é coincidente coa que os grupos políticos, por unanimidade, presentaron no Parlamento de Galicia e tamén cas propostas do Consello Galego de Pesca.

    Aproveitando a ocasión, baralláronse novas utilidades para o edificio da lonxa de Ribeira, unha vez que empece a funcionar a nova. O espazo é demandado por colectivos diferentes, co fin de darlle uso como nave para usuarios e por outra para rederos. Tratáronse outras cuestións, como as deficiencias e arranxos que se debían levar a cabo no porto. O máis urxente, debería estar solucionado hai tempo segundo as palabras do alcalde. Segundo apuntaron, unha gasolineira que está nas inmediacións comprometeuse a servir gasolina subvencionada e leva tempo sen facelo, incumprindo este acordo. Si o fai, non obstante, noutros portos máis pequenos e Manuel Ruíz quere arranxar isto de inmediato.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí