O BNG reclama para Xosé Agrelo o Día das Letras Galegas 2017

    MUROS> A agrupación política levará a cabo unha serie de iniciativas para que Xosé Agrelo Hermo sexa ohomenaxeado. Este intelectual noiés desenvolveu gran parte da súa vida na vila muradá.

    Para os nacionalistas muradáns, a figura de Xosé Agrelo non está tan recoñecida como debería e por elo queren que se lle dedique o Día das Letras Galegas do 2017. A iniciativa leva un tempo circulando polas redes sociais e o responsable local, Manu García, invita a todos os veciños a apoiar esta candidatura. Xa hai preto de 500 firmas que apoian a homenaxe para este e escritor, dramaturgo e profesor, falecido no ano 2006. Solicítaselle a Real Academia Galega que sexan o 2017 coincidindo co 80 aniversario do nacemento. Manu García adiantou que promoverán diversas actuacións para que se recoñeza a longa traxectoria deste intelectual da comarca.