Fole corta os árbores da Xunqueira sen avisar ós veciños

    VILAGARCIA> Os operarios mandados polo Concello de Vilagarcía comezaron esta mañá a talar as árbores da Xunqueira; despois de tantas protestas e medidas de presión por parte dos veciños e da oposición, a medida impúñase hoxe para sorpresa dos veciños.

    O Concello de Vilagarcía procedeu hoxe á tala de varias árbores do paseo central do Parque da Xunqueira. Argumenta o consistorio que os informes técnicos do Areeiro apuntaban que as árbores asentadas preto do Centro Comercial estaban podrecidas e as raíces das outras poderían provocar danos na rede de saneamento e recollida de pluviais. Un experto na materia que paseaba por alí esta mediodía discutía co encargado da obra sobre esta cuestión. Asegura que a solución non é talar as árbores. Este veciño mesmo baralla reclamar responsabilidades legais ó Concello. Os que si reclaman máis que responsabilidades do Alcalde, porén piden a súa dimisión, son os membros de Esquerda Unida. Tamén o PSOE comparte a opinión de que o PP actuou como premeditación e aleivosía. Para a voceira socialista Tania García o alcalde Tomás Fole está desquiciado e superado polo escenario político dos últimos días, polo que consideran que esta incapacitado para seguir tomando decisións, en base o seu afán enfermizo de poñer cemento. Pídenlle por tanto ós seus compañeiros do PP que o controlen porque actúa como un sheriff sen control. A veciñanza tampouco está dacordo ca actuación e máxime cando non foron avisados de antemán.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/24/parque.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/24/ravella_elimiina_arbores_xunqueira.mp4{/flowplayer}