Boiro presenta un ambicioso programa para as Festas do Verán

    BOIRO> No seu cartel conflúen as mellores orquestras do panorama galego.

    Panorama, París de Noia, Gran Parada, Charleston, Sintonía de Vigo, Jerusalén entre outras tantas reúnense no concello de Boiro para celebrar por todo o alto as Festas do Verán. Sen dúbida unha programación musical que será reclamo para todos os veciños e veciñas da comarca. O venres 27 celebrarase o festival de Ballet, o domingo 29 comezan as festas do Sacramento coa procesión e a espectacular alfombra floral pero a festa grande irá desde o 4 ó 9 de xullo e abarcará actuacións e eventos para tódalas idades e tódolos gustos. Seguindo o obxectivo do goberno local de unir ocio e cultura, durante as festas locais o barrio de Cimadevila lucirá unha exposición de vellas fotografías da vila boirense. Estas instantáneas lucirán nos escaparates abandonados para homenaxear a importancia deste punto de Boiro nos anos 50 e 60, as persoas e os negocios que alí estaban. Desde o concello convídannos a gozar deste traballo que destila historia e cultura boirense. O alcalde, Xoán Xosé Dieste, espera que a axustada programación, composta de música, baile, procesións, xogos e un sen fin de actividades, consiga encher de visitantes a vila boirense.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/23/presentacionprogramafestasboiro2306141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/23/presentacionprogramafestasboiro230614.mp4{/flowplayer}