O BNG critica de novo o escaso peso do Barbanza nos orzamentos do Estado

    BARBANZA> Os nacionalistas botan en falla unha formación propia que defenda os intereses da nosa Comunidade, como acontece con Euskadi ou Canarias, que se viron moi beneficiadas no reparto de fondos. O debate dos Orzamentos Xerais do Estado no Congreso volve evidenciar a xuízo dos nacionalistas o escaso peso político de Galicia e o desprezo que o goberno do PP en Madrid ten da nosa Comunidade e por extensión da comarca do Barbanza. Neste sentido aluden tamén á falla dunha formación propia, como foi o BNG nas anteriores lexislaturas, que defenda os nosos intereses, como si o fan outras comunidades como Euskadi e Canarias que si van a saír amplamente beneficiadas no reparto de fondos estatais. Dende o BNG bótanse en falla meses presupostos partidas vitais para o Barbanza como poden ser para o sanemaneto integral da Ría, a segunda fase da rexeneración das Xunqueiras ou para a rehabilitación do Pazo de Goiáns, entre outras.