Xornalistas turísticos despídense da Arousa co San Xoán

    VILAGARCÍA> Cunha romería de San Xoán. Así foi como despediron onte en Vilagarcía á comitiva de bloqueiros e xornalistas que estaban a visitar a comarca para coñecer as excelencias da mesma deste outro enfoque máis novidoso. O alcalde de Vilagarcía e a Directora de Turgalicia foron os encargados oficiais de dárllelo adeus. Os blogueiros e xornalistas especializados en turismo que estes días percorrían a nosa comarca remataron onte o seu percorrido no vilagarcián Pazo de Rubiáns. Neste enclave da Excelencia Internacional da Camelia 2014 foron despedidos pola Directora de Turgalicia, Carmen Pinta, o Alcalde anfitrión, Tomás Fole, e a xerente da empresa organizadora da viaxe Tee Travel. Neste acto, a representante da Xunta resumiu os principais puntos de interese que os xornalistas e blogueiros puideron desfrutar sobre o terreo nestes días previos desde un enfoque inédito. E tras seren testemuñas de primeira man, agora as distintas administracións agardan que pregoen as excelencias da nosa terra desde as súas tribunas de comunicación. A visita rematou ca noite máxica de San Xoán que achegou unha das nosas tradicións máis ancestrais. A el haberá que encomendarse co fin de que esta visita redunde nun aumento no número de visitantes ás Rías Baixas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/24/bloggers.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/24/bloggers_pazo_rubians.mp4{/flowplayer}