Reclaman a apertura de comedores escolares para nenos sen recursos

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/23/comedoresescolaresboiro230614.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/23/comedoresescolaresboiro230614.mp4{/flowplayer}

    BOIRO> A precaria situación de moitas familias en paro está xerando un aumento de nenos con problemas de malnutrición. Co peche dos comedores escolares, coincidindo coa temporada estival, unha vintena de rapaces do concello de Boiro quedarían sen a única comida diaria da cal dispoñían.

    Neste mes de xuño, Unión Popular de Boiro presentou unha moción reclamando a apertura de comedores escolares para nenos en risco de exclusión social. Durante a temporada estival numerosos menores quedarían desatendidos se non se pon en marcha unha iniciativa que garanta unha adecuada alimentación. Cada día saen á luz novos casos. Resaltan ademais que as ONG’s e outros organismos sociais non poden proporcionar a axuda necesaria. O voceiro instou á administración local a garantir os dereitos destes rapaces a través da moción presentada, axudando a liberar preocupacións ás súas familias. O partido critica que o goberno local aínda estea valorando a posibilidade de abrir estes comedores cando os colexios xa están pechados.

    O alcalde de Boiro respondeu ás preguntas de Canal Rías Baixas sobre este asunto. Afirmou que xa se está a traballar na problemática e hai destinada unha partida de emerxencia social para cubrir as necesidades dos nenos que poderían pasar fame co peche dos comedores escolares.

    O equipo de goberno, encabezado por Xoán Xosé Dieste, está a traballar na problemática dos comedores escolares, tras a preocupación mostrada por diversas entidades e ANPAS escolares. O departamento de Servizos Sociais púxose en contacto con tódolos centros educativos de Boiro para coñecer o dato exacto de nenos que requirirían deste servizo. Estes rapaces estarían comprendidos nunha franxa de idade dos 4 ós 10 anos. Para atenuar e mitigar os efectos da crise na infancia boirense, o alcalde indicou que se vai poñer en marcha o comedor escolar cunha partida orzamentaria especial do concello. Xoán Xosé Dieste tamén quixo resaltar que este servizo se ofrecerá ca maior discreción e sensibilidade posible, para que as familias sufran o menor impacto. O importante e liberarlle carga a pais e nais que non obteñen ningún tipo de prestación económica e que se atopan risco de exclusión social.