Extinguido por completo o lume da nave incendiada en Curro

    fabrica_barrocopy.jpgBARRO> Ademais, catro dos sete feridos do incendio na fábrica de portas Comercial Vilanova seguen ingresados, dous en estado grave.

    {flowplayer}images/salnes/CARPINTERIA_BARRO_DIA_DESPOIS.flv{/flowplayer}

    Esta mañá achegámonos ata a nave da empresa Comercial Vilanova un día despois do incendio que se produciu no seu interior, ó parecer pola explosión dunha das caldeiras de secado de verniz. Aínda que o lume quedou controlado onte pola tarde, os Bombeiros do Salnés estiveron toda a noite de garda para evitar pequenas reproducións e durante todo o día de hoxe facendo labores de refrixeración.

    Unhas labores complicadas dado os materiais que se atopaban no interior da nave dedicada á fabricación de portas como vernices, pinturas, colas e madeiras.

    Amais do falecido de 34 anos, veciño de Moraña, catro dos sete feridos aínda permanecen ingresados en diferentes centros hospitalarios de Galicia, dous en estado grave. Un deles atópase no Hospital Povisa de Vigo con queimaduras de segundo grao e coas dúas pernas fracturadas. O outro que se atopa tamén grave, aínda que xa estable, presenta queimaduras de terceiro grao no dez por cento do seu corpo así coma intoxicación por fume.

    Esta mañá tódolos veciños coincidiron en resaltar a colaboración que ofreceron todos en todo momento para evitar que a traxedia fose a mais. Pola contra, hoxe, aínda que máis calmados, ó igual que onte, os veciños continúan criticando a tardanza das ambulancias unha vez que se deu a voz de alarma tanto ó 061 coma ó 112.

    Lembremos que o accidente se produciu ó redor das tres e media da tarde nesta nave situada no lugar de Bretoña, na parroquia de Curro, no concello de Barro.

    Redacción Salnés