Cambados encargarase da transformación da volanteira para mellorar os prezos

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/23/conselleira_mar_tragove.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/23/conselleira_mar_tragove.mp4{/flowplayer} 

 

CAMBADOS> Cambados quere aplicar á volandeira o sistema que xa emprega coa vieira. A confraría aproveitará a nova nave que está a construír a Xunta en Tragove para facer as tarefas de eviscerado e envasado do produto, posibilidades que poderían mellorar o seu prezo. Outra das intencións é que a nova infraestrutura chegue a concentrar a poxa de mariscos de toda a comarca.

Hai anos que a confraría de Cambados se encarga da evisceración e do envasado da vieira. O sistema está a dar bos resultados, de aí que queiran trasladar o modelo a outros produtos como a volandeira.

A nova nave tamén podería acoller o proceso de transformación da vieira, que na actualidade se realiza nunha depuradora.

Pero este non será o único uso. A infraestrutura contará con espazo para almacenaxe, cámara de frío e de conxelado e un espazo para as poxas.

A confraría leva dende o 2005 agardando a construción desta nave multiusos, que en oito meses como máximo completará as infraestruturas do porto de Tragove.

A construción terá unha superficie de case 850 metros cadrados, e nela a Consellería investirá 1,3 millóns de euros.