A CIG comeza as mobilizacións do 2019 demandando unhas pensións dignas

VILAGARCÍA> Como xa anunciaran hai uns días, a CIG saíu as rúas de Vilagarcía para reclamar o dereito dos traballadores a unhas pensións dignas. Os participantes da manifestación, que simultaneamente se celebrou noutras vilas galegas, plantáronse na porta da Seguridade Social na rúa San Roque, para dar unha maior visibilidade as súas queixas.
A CIG comezou, este mércores, unha nova campaña de mobilizacións en prol de unhas pensións dignas para os traballadores. Dende o sindicato posicionanse en contra da reforma da xubilación anticipada acordada polo goberno central e por UXT e CCOO.
O delegado do sindicato en Arousa fixo un chamamento a todos aqueles que queiran participar na manifestación de Santiago o vindeiro 26 de xaneiro. Bouzas sinalou que a CIG organiza o traslado en autobuses ata a gran manifestación da capital, e recordou a necesidade de que os interesados se anoten nas oficinas do sindicato.
Esta primeira mobilización comezou dende a sede do sindicato ata as oficinas do Instituto Nacional da Seguridade Social, en Vilagarcía. Sinalar que esta manifestación tivo lugar simultaneamente en diferentes vilas galegas.