O concello de Rianxo adquirirá o pazo de Rianxiño este mes

RIANXO> A compra do inmoble, que se converterá en centro de día, farase efectiva grazas ó acordo plenario que autoriza ó executivo a realizar a operación trala contratación dun crédito.

O prazo que manexa o executivo rianxeiro é que a adquisición do pazo de Rianxiño se faga efectiva trala Semana Santa. No pleno do pasado mes aprobouse a contratación dunha operación de crédito para dispoñer dos fondos necesarios para comprar o inmoble. Esta mesma semana, a corporación deu o visto bo para realizar a transacción pola que o pazo pasará a ser de titularidade municipal. Tan so falta que a orde relixiosa propietaria do pazo aporte a documentación requirida, trámite que se completará nos próximos días.

Unha vez adquirido o concello iniciará os traballos de acondicionamento e dotación do edificio e da parcela para adecualo ás necesidades dun centro de día.