
BOIRO> O emblemático xornalista e escritor plantou unha árbore axudado polo alcalde da vila. No acto estiveron presentes numerosas personalidades locais.
O club de prensa Exxpopress e o concello de Boiro quixeron recoñecer a traxectoria profesional do xornalista José María Carrascal. Este madrileño de 83 anos labrou unha importante carreira na prensa escrita e televisiva, destacando as súas labores como corresponsal e presentador. A día de hoxe vive entre España e Estados Unidos e continúa traballando noutra das súas paixóns, a escritura. A árbore de Carrascal aporta internacionalidade ó parque boirense que xa conta con máis de 30 especies neste espazo verde. O homenaxeado tivo palabras de agradecemento para aqueles que lle gardaron un oco no parque situado nas inmediacións do paseo de Barraña. A árbore de José María Carrascal está acompañada por un prestixioso grupo de profesionais da comunicación. Alí xa plantaron Pepe Domingo Castaño, Luís del Olmo e Fernando Ónega entre outros moitos. O alcalde de Boiro, Xoán Xosé Dieste, tivo palabras de recoñecemento para esta profesión e xustificou a realización do parque con vistas a ría de Arousa.









