Xunta e Deputación consolidan o consorcio provincial de bombeiros

    consorcio_bombeiros_provincial100.jpgPONTEVEDRA> Xunta e Deputación consolidaron hoxe a creación definitiva do consorcio provincial contra incendios.

    {flowplayer}images/salnes/consorcio_bombeiros_louzan.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Xunta e Deputación consolidaron hoxe a creación definitiva do consorcio provincial contra incendios e salvamento de Pontevedra.

    Esta mañá celebrouse no Pazo Provincial a reunión constitutiva, na que participaron os xerentes dos cinco parques comarcais da provincia, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, o director xeral de Emerxencia, Santiago Villanueva e mailo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores. Isto permitirá coordinar as actuacións dos cinco parques.

    A creación deste consorcio provincial suporá ademais un aforro económico ás arcas municipais, xa que Xunta e Deputación asumen ó cincuenta por cento os gastos deste servizo contra incendios e salvamento. Un único xerente farase cargo deste servizo provincial. Segundo indicou Louzán, o consorcio decidirá nos vindeiros días en quen recae esta función.

    Neste consorcio están integrados os parques comarcais de Ribadumia, Vilagarcía, Bueu, Porriño, e Silleda.

    Redacción Salnés