A ABE pide que non se responsabilice ós hostaleiros dos problemas xerados pola movida

    abemovida_100_140109.jpgBOIRO > O presidente da ABE quixo explicar a postura da entidade respecto á visita realizada o pasado luns por representantes do Valedor do Pobo.

    {flowplayer}barbanza/abemovida.flv{/flowplayer}

    A ABE non está disposta a que o sector hostaleiro de Boiro se convirta na cabeza de turco dun problema de gran magnitude e no que conflúen diversos factores. Segundo o presidente da entidade, Carlos Rodríguez, existe unha total falla de vontade á hora de abordar este asunto.

    Para o presidente da patronal boiresa os hostaleiros non teñen ningunha competencia para facer exercer calquera tipo de control sobre os ruídos ou os desperfectos que se producen nas rúas, que na maioría dos casos se corresponden con boa parte das denuncias e queixas realizadas polos veciños.

    Agravio comparativo

    Dende a ABE vese con bos ollos que a oficina do Valedor do Pobo pretenda facer cumpri-la lei esixindo a cada empresa a correspondente licenza de funcionamento, e que esta se axuste á actividade que desenvolven. O que non entenden é o agravio comparativo que se produce agora á hora de pedi-la revisión das licenzas outorgadas á hostalería.

    Redacción Barbanza