A ABE afronta unha etapa de cambios con Carlos Rodríguez na presidencia

    pteabe_100_150408.jpgBOIRO > A vitoria de Carlos Rodríguez Muñiz nas eleccións á presidencia da ABE celebradas o pasado dez de abril abre unha nova etapa para o colectivo.

    {flowplayer}barbanza/pteabe.flv{/flowplayer}

    Carlos Rodríguez Muñiz naceu hai 43 anos en Boiro. Casado e con dúas fillas, dirixe dende hai case unha década a empresa de transporte Autocares Muñiz. E agora, acaba de estrearse como presidente da Asociación Boirense de Empresarios. Afronta esta nova andaina con moita ilusión e vontade de traballo para lograr que a entidade sirva de xeito real ós intereses dos asociados.

    Toma de contacto

    Aínda que polo momento non están decididos os primeiros proxectos que levará a cabo a nova directiva, aínda sen constituír, xa iniciaron os contactos cos distintos sectores empresariais para coñecer as súas necesidades e inquedanzas.

    Con respecto ó seu antecesor no cargo, Carlos Rodríguez recoñece o labor realizado polo anterior presidente, Luís Ángel González, quen se fixo cargo da entidade cando atravesaba un momento verdaderamente complicado, que poucos se atreverían a asumir.

    Espírito reformista

    Carlos Rodríguez e a súa futura directiva, pretenden abanderar un cambio de rumbo na entidade, cunha serie de reformas que permitan adaptar a patronal á realidade do empresariado de Boiro.

    Aínda que xa están perfilados os nomes que acompañarán a Carlos Rodríguez á fronte da ABE, o seu presidente non os fará públicos ata a próxima semana cando se convocará a asemblea para ratificar a nova directiva da patronal boiresa.

    Redacción Barbanza