Tráfico investiga un posible condutor ‘kamikaze’ na autovía do Barbanza

BARBANZA> O suceso, que mesmo chegou a ser gravado dende outro vehículo, producíase esta fin de semana.

Como ven é un vehículo circulando en sentido contrario pola autovía do Barbanza en dirección a Ribeira. Foi gravado dende outro vehículo que si circulaba correctamente. A pesar dos avisos que lle realizaron fixo caso omiso ós mesmos, sementando o pánico no vial. Afortunadamente, non se rexistrou ningún accidente. As forzas de seguridade xa investigan o acontecido. Ademais desta gravación, a Garda Civil ten no seu poder os vídeos das cámaras de seguridade da propia autovía para dar co paradoiro do vehículo infractor.

A espera de que conclúa a investigación, a principal hipótese apunta a que se trataba dun condutor despistado que accedeu de xeito errado á autovía, e non dun kamikaze, posto que abandonou rapidamente a vía por un ramal de saída. Aínda así, podería enfrontarse a unha infracción grave, sancionada coa perda de seis puntos.