VILANOVA> As festas do Mexillón de Vilanova de Arousa contaron este ano con unha importante acollida por parte do público, que nesta edición acudiron a vila pola importante programación de actividades e a súa oferta musical, na que houbo música para todos os gustos.
Importante afluenza de público na Festa do Mexillón de Vilanova de Arousa. Uns festexos que viviron onte o seu momento máis emocionante coa lectura do pregón e a insignia de ouro e brillantes, coas que se recoñece o importante papel do mar na economía local.
Os homenaxeados onte foron o mexilloeiro e construtor de bateas Manuel Janeiro, ademais das conserveiras Roma e Dardo.
A celebración vilanovesa clausurouse onte pola noite, cos monólogos do propio Perdomo e de Oswaldo Digón. O humor, a música e a gastronomía encheron as rúas de Vilanova durante toda a fin de semana.
Inicio crb