Medio Ambiente reduce a súa achega para a Vía Verde en comparación co acordado

VILAGARCÍA> A Consellería de Medio Ambiente reduce a súa participación no financiamento das obras da Vía Verde do Salnés. Segundo o alcalde de Vilagarcía, a proposta remitida polo ente autonómico recollería entre 50.000 ou 60.000 euros menos do previsto inicialmente para financiar esta segunda parte das obras.
A segunda fase das obras da Vía Verde do Salnés perigan ante a redución de uns 50.000 euros na participación da Xunta de Galicia no proxecto. Así o recoñecía o alcalde Vilagarcía, Alberto Varela.
Nun primeiro momento a achega da Xunta sería dun 35% de custe total, ao igual que outro 35% que poría a Deputación de Pontevedra. Os alcaldes intentarán agora conseguir que a achega de Medio Ambiente se achegue o máximo posible ao comprometido nun primeiro momento pola administración autonómica, que serían uns 200.000 euros.
Esta nova poñería en perigo a finalización do proxecto tal e como foi deseñado nun primeiro momento.
Non foi ata o primeiro día no que se firmou o acordo de financiamento coa Deputación de Pontevedra da primeira fase da Vía Verde do Salnés, cando a Consellería de Medio Ambiente comunicaba aos concellos de Portas, Vilagarcía e Caldas de Reis a remisión do seu convenio para a outra fase. A sorpresa xurdiu cando os rexedores recollían unha achega 50.000 euros por debaixo do acordado.