Cuntis ‘adianta ata o século XXI’ o aspecto da rúa Bernardo Sagasta

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/20/conselleira_cuntis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/02febreiro/20/conselleira_cuntis.mp4{/flowplayer} 

 

CUNTIS> Cuntis estrea nova cara dunha das súas rúas principais. A conselleira de Infraestruturas supervisou esta mañá o remate das obras de urbanización da rúa Bernardo Sagasta. Os traballos contaron cun investimento de preto de 400 mil euros e están dirixidos a mellorar o benestar dos veciños e contribuír ao desenvolvemento económico e turístico do municipio.

Facer da rúa Bernardo Sagasta unha rúa máis segura e transitable para peóns e vehículos, foi o obxectivo dos traballos que se executaron na zona. A intervención xa está rematada, e contou cun orzamento de 400 mil euros para mellorar un treito da estrada PO-220 ao seu paso polo concello de Cuntis.

Con esta intención, as obras habilitaron beirarrúas con anchos axeitados, zona de aparcadoiro e un carril coa anchura recomendable. Tamén se realizou unha reordenación do tráfico, suprimindo un sentido de circulación.

A conselleira aproveitou a visita para salientar outra obra da zona, que consistiu na mellora da rede de saneamento incluída no Plan Umia que contou cun investimento da Xunta de 1,4 millóns de euros.