A Asociación Solvencia abre un economato en Pontevedra

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/26/economato.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/06xuno/26/abre_economato_pontevedra.mp4{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Pontevedra conta desde hoxe cun economato no que as familias con necesidades económicas poderán mercar coma nun supermercado pero con descontos de ata o 50 %. Unha solución solidaria ben acaída nestes tempos de crise. Desde hoxe as familias con dificultades económicas xa poden mercar alimentos de primeira necesidade a prezos moi asequibles. Esto é posible grazas ó economato que ven de abrir a Asociación Solvencia na rúa Alemaña de Monteporreiro en Pontevedra. Para que este economato vaia adiante é indispensable a colaboración cidadá: empresas e veciñanza en xeral poden contribuír á esta causa ca súa solidariedade: ben doando alimentos ou tamén facéndose socios a través da súa páxina web ou nas entidades bancarias cas que traballa a entidade. Non hai unha cota fixa, cada quen dá o que pode. Este proxecto liderado por Soledad Vence é o froito de varios anos de ilusión e traballo que tiveron o seu pulo definitivo nun viveiro de empresas no que lle axudaron a dar forma a esta modalidade de autoemprego, que amais xera outros postos de traballo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí