A XVI Exaltación da Centola do Grove xa está en marcha ata o vindeiro 9 de decembro

O GROVE> A semana pasada abriuse a veda da centola en O Grove, e por iso dende o municipio meco están a traballar na exaltación de este produto coas XVI Xornadas de Exaltación da Centola do Grove que se estenderá ata o vindeiro 9 de decembro. Unhas xornadas organizadas por Emgrobes, por segundo ano consecutivo da cita que conta nada máis e nada menos que con 18 restaurantes participantes e 9 hoteis.

Croquetas de centola, luriñas recheas de centola ou nachos con guacamole de este marisco, foron tan só unha parte dos pratos que os integrantes do Obradoiro de Hostalería de A Lanzada prepararon a todos os asistentes a presentación degustación que hoxe tivo lugar nas instalacións do albergue, onde se está a impartir esta formación.

Dende Emgroves sinalan que esta edición pode ser unha das meiores debido a cantidade e boa calidade do produto que se está a acadar. Ata o vindeiro 9 de decembro poderán degustar este manxar preparado de diferentes xeitos nuns 18 restaurantes da localidade así coma en 9 hoteis.

A pesar de que a organización corre a cargo de Emgrobes o concello colabora no apartado promocional de este evento, tan importante para a vila, que xa cumpre a súa XVI edición.

Outras das innovacións desta edición é a colocación dunha árbore de Nadal que será decorado cos caparazones das centolas consumidas durante as xornadas. A árbore medirá cinco metros de altura e instalarase na Praza do Corgo. A colocación da árbore terá lugar o luns 3 de decembro. Dentro do programa tamén destaca a celebración do Centolo Larpeiro que terá lugar o próximo 24 de decembro.