Menos de 48 horas para a apertura da variante de Noia

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/02/aperturavariantenoiapsoenoia0207141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/02/aperturavariantenoiapsoenoia020714.mp4{/flowplayer}

NOIA> A partires do venres ás 15:00 horas, poderemos ver circular vehículos por riba da ponte que cruza a ría.

Tras anos e anos de espera, a variante de Noia por fin se abre á circulación o vindeiro venres, día 4, ás 3 da tarde. Os preto de 5 quilómetros de circulación permitirán aforrar un tempo de percorrido de 10 minutos como mínimo, respecto ao itinerario que faríamos hoxe. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo estará no acto de inauguración, que terá lugar pola mañá, presentando o seu compromiso feito realidade. Tamén estarán presentes os alcaldes dos concellos polos que discorre a vía que une Santiago con Noia, así coma os alcaldes de concellos veciños. Esta actuación evitará as quilométricas retencións que se formaban nas tardes do verán, coincidindo coa saída da xente das praias. Para executala, a administración autonómica investiu preto de 50 millóns de euros, e comezou a construíla en xullo do 2010. A esta posta en servizo hai que sumar a apertura da vía Santiago-Noia e á variante de Outes que melloran notablemente a mobilidade dentro da comarca noiesa. O conxunto de accións supuxeron un investimento de preto de 260 millóns de euros. Cabe destacar que a Xunta xa construíu ademais un novo paso subterráneo en Taramancos atendendo á petición veciñal. Este núcleo veuse afectado polas obras da variante e non dispoñía de acceso ás súas fincas pero a administración xa lle puxo remedio. Por outro lado, o PSOE de Noia reclámalle ó goberno autonómico a reposición do vial de Testal que da acceso ó vestiario das mariscadoras. Instan a que repoñan o asfaltado, tal e como se atopaba antes de realizar as obras da ponte sobre a ría.