A Xunta autoriza a licitación da EDAR de Ribeira

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/24/autorizacionobrasedarribeira2407141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/24/autorizacionobrasedarribeira240714.mp4{/flowplayer} RIBEIRA> A actuación, cun investimento de case 30 millóns de euros, dará servizo, ademais de Ribeira, ós núcleos de Aguiño, a Ameixida, a Revolta e Castiñeiras. Na rolda de prensa posterior ó Consello da Xunta, o titular da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, avanzou do inicio inminente das obras da nova EDAR de Ribeira. O anuncio faise público semanas despois de que o propio Goberno Galego pechase o proceso expropiatorio dos terreos afectados pola actuación, dándose así luz verde ó acordo coa sociedade estatal Acuaes para licitar a que constitúe unha das principais actuacións da axenda hidráulica de Galicia. Con este convenio quedará desbloqueado un investimento total superior aó 30 millóns de euros, dos que Acuaes achega 17,5 millóns de euros, procedentes de fondos Feder, e a Xunta de Galicia aportará con cargo a fondos propios os case 13 millóns restantes. Esta cantidade permitirá financiar unha actuación declarada como de Interese da Comunidade Autónoma e incluída no Plan Hidrolóxico de Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa. O propio Núñez Feijoo destacou a importancia desta obra pola que se leva tempo agardando que posibilitará garantir o bo estado das augas tanto desde o punto de vista do baño como desde o punto de vista do marisqueo e da pesca de baixura en toda a ría de Arousa. A estación depuradora situarase no polígono de Couso e terá capacidade para tratar un caudal medio de 93 litros por segundo, o que supón un total de máis de 8.000 metros cúbicos ó día, dando servizo ademais do casco urbano de Ribeira, ós núcleos de Aguiño, Ameixida, Revolta e Castiñeiras, o que significa unha poboación de máis de 32 mil habitantes.