O PSOE de Pontevedra mobilízase contra a supresión da Audiencia

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/08/psoe_xulgados.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/08/psoe_partidos_xudiciais.mp4{/flowplayer}

PONTEVEDRA> O PSOE de Pontevedra vai a emprender unha campaña de concienciación e protesta para evitar que se supriman os xulgados de primeira instancia e tampouco se elimine a Audiencia Provincial de Pontevedra. Os socialistas denuncian que esta é unha actuación máis na pretensión do PP de crear unha xustiza accesible só para os que máis teñen. Os PSdeG de Pontevedra ven de alzar a voz contra a Reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial que prevé a reordenación da Planta Xudicial. Segundo os socialistas, esta nova normativa virá a eliminar os xulgados de primeira instancia e fará o mesmo ca Audiencia de Pontevedra; unha instancia que para eles é un símbolo da capitalidade da Cidade do Lérez, do bó facer en xudicatura e supón amais unha importante fonte de ingresos para Pontevedra. O PSOE pontevedrés apela ó espírito da gran manifestación do 5-J, na que a cidadanía saíu a rúa no ano 1997 contra o plan de segregación da Audiencia Provincial. Quere que a poboación volva a saír á rúa para evitar que a Audiencia marche para a Coruña, e con ela o traslado de un cento de funcionarios que traballan nas delegacións de Pontevedra e Vigo. Como primeiras medidas, os socialistas xa elevaron esta cuestión ó Parlamento Galego e levarana ó próximo pleno municipal de Pontevedra. En resumo, desde o partido socialista denuncian que esta proposta normativa conta co silencio cómplice do PP a nivel provincial e autonómico. E, amais, supón un paso atrás a maiores do que está a significar a Lei de Taxas, a proposta de reforma da lei do aborto ou a reforma do rexistro civil.

Comments are closed.