Presentada a XVII Feira Medieval de Noia

    NOIA> A cita, que se desenvolverá da fin de semana do 18 ó 20 de xullo, tratará de involucrar na organización unha vez máis a veciños e asociacións da localidade. Todo está preparado en Noia para acoller, un ano máis, a Feira Medieval. Será a dezasete edición, desenvolvéndose a vindeira fin de semana, do 18 ó 20 de xullo. Durante tres días Noia retornará ó medievo. Dende o concello destacaron a importancia que ano tras ano está a adquirir esta festa, que cada vez conta cunha maior implicación dos veciños. este ano o executivo local encontrouse cun problema, como son as obras de remodelación que se están a levar a cabo na rúa do Curro, pero ó final non serán impedimento algún, senón todo o contrario. Coma novidade este ano estará a ampliación do mercado medieval á rúa Nova, aumentando o número de postos con respecto ó ano anterior, pasando dos 139 ós 156. Outra das grandes novidades, sendo ademais o maior investimento da feira deste ano, será a atracción ‘desafío Medieval, dirixida ós máis pequenos e que estará situada na praza da Fanequeira. Dende o concello noiés agradeceron a implicación de veciños e comerciantes ca feira, facendo un chamamento a acudir esa fin de semana a Noia. Música, títeres e diversos espectáculos completarán a programación, que de seguro farán unha festa moi especial.