RIBEIRA> O executivo ribeirense homenaxeará os catro ex alcaldes da etapa democrática entregándolles a medalla de ouro do Concello. Será a Lisardo Valeiras Bravo, primeiro alcalde da democracia, a título póstumo, a Xosé Antonio Ventoso Mariño, a Ricardo Pérez Queiruga e a Xosé Luis Torres Colomer. O acto terá lugar o vindeiro mes de setembro dentro do programa de actos das festas de Santa Uxía, padroa da cidade. A proposta do equipo de goberno foi recollida de xeito favorable polos voceiros dos distintos grupos municipais na oposición, que acordaron estas distincións. Ata o de agora este recoñecemento tan só lle fora entregado a persoeiros do municipio destacados no ámbito do deporte como é o caso da nadadora María Vilas, a atleta Ana Peleteiro, e ós fútbolistas Fran e José Ramón González.
Inicio Barbanza - Muros - Noia