Boiro incrementará uns 12 mil euros as subvencións a entidades sociais neste 2022

BOIRO> A corporación boirense aprobará un incremento de 12 mil euros nas subvencións nominativas que o Concello concede ás entidades sociais.

Con esta acción o goberno local pretende fortalecer a rede de servizos sociais, incorporando ademais a outros colectivos que tamén prestan servizo no municipio, como é o caso de Ambar e Renacer.

Segundo informaron fontes municipais o aumento das contías e os conceptos de xustificación foron previamente acordados coas entidades co obxectivo de axustar os recursos públicos ás necesidades das asociacións.

Ademais de ampliar o orzamento destinado ás axudas, modifícanse tamén os conceptos e a forma de xustificación para que as entidades poidan destinar máis servizos de apoio ó Concello, motivados pola evolución da poboación e, tamén, as súas necesidades.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí