Mª Xosé Vales: “Serán os socios os que decidan o noso futuro”

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/16/patroa_maior.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/16/entrevista_pm_vilanova.mp4{/flowplayer}

VILANOVA> Como lle vimos contando estes días, o próximo sábado 26 será a toma de posesión dos patróns maiores das confrarías galegas. Unha data na que Vilanova contará cunha nova patroa maior que releva no cargo a Evangelina Lago: María José Vales Martínez está á expectativa, a ver como se encontra o pósito.

A xunta xeral da Confraría de Vilanova ven de acordar ter unha nova patroa maior para os vindeiros catro anos. A elixida é María José Vales Martínez do colectivo das mariscadoras; sendo vicepatrón o mariscador de a flote Honorio Conde. A futura patroa maior vilanovesa parte da premisa de que se fará o que decida a maioría dos 205 socios que compoñen a Confraría, ós que ela representa. Unha honra que acolle con modestia. Dada a súa condición de mariscadora, Vales xa apunta algunha que outra necesidade desta confraría arousá. Con todo prefire agardar a ver como se encontra o estado xeral do pósito antes de emprender proxecto algún. Á hora de acometer calquera empresa, Vales Martínez promete dar protagonismo ás distintas agrupacións. Namentres o día da toma de posesión non chega, Vales continúa cas súas labores de marisqueo e vixilancia; especialmente nestas datas nas que a ameixa subiu o seu prezo por mor das festas e a chegada dos turistas.Uns turistas ós que che pide que desfruten dos areais da zona pero que lle deixen o traballo de recolleita de marisco ós profesionais como ela.