O “Destapa Vilagarcía” traerá a vila 14 propostas exquisitas

VILAGARCÍA> Os hostaleiros de Vilagarcía despedirán o inverno da mellor das maneiras celebrando o “Destapa Vilagarcía”, o exitoso concurso de tapas da vila, no que todos aqueles que queiran poderán degustar un apetitoso pincho con cervexa por 3,5 euros ou cun viño por 4.
O “Destapa Vilagarcía” volve a vila para facer as delicias de todos aqueles que se acheguen hasta os locais que participan nesta iniciativa de Ahituvi. Na edición de este ano participaran 14 establecementos.
Os xoves serán o Día do Tapeador, no que haberá descontos e de luns a mércores non haberá promoción. Os pinchos terán un custe de 3,5 euros no caso de ir acompañados dunha cervexa e de 4 si é con un viño.
En canto aos premios serán do máis variados este ano, xa que súmase ao cartel de colaboradores habituais o concesionario Vepersa.
O evento terá lugar do 15 ao 22 de marzo, exceptuando do 18 ao 20. Como xa ven sendo habitual o “Destapa Vilagarcía” comezará co habitual concurso de tiraxe de cañas.

Comments are closed.