A Escola Deportiva de Arousa organiza as Xornadas do Marisco

    VILAGARCIA> E por marisco estes días que non quede. Tamén en Vilagarcía se poderán degustar productos do noso mar, e desta volta cun fin solidario: a de financiar a canteira da Escola Deportiva Arousa.

    Tras tres anos da súa fundación como entidade deportiva, a Escola Deportiva de Arousa, S.D. busca darse a coñecer e tamén financiar a súa canteira argallando as Xornadas do Marisco. Este evento gastronómico prolongarase desde o 18 ó 27 de xullo, na vilagarciá praza da Peixería. Aquí poderán degustarse mariscos e peixes da ría a prezos populares. Co recadado, a Escola Deportiva de Arousa seguirá a potenciar o deporte de base; co fin de que os seus douscentos socios poidan continuar ca práctica deportiva sobre todo do fútbol.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/16/festa_marisco_vila.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/07xullo/16/ptac_festa_marisco_vila.mp4{/flowplayer}