
{flowplayer}images/salnes/CARREIRA_BURRAS_VILANOVA_2011.flv{/flowplayer}
‘Ferrrari’ fixo honra ó seu nome, correndo tanto ou máis que un bólido de fórmula 1. A burra, contaba coa vantaxe da experiencia. Xa era a cuarta vez que participaba e vencía neste circuito. Quizais por iso, a súa vitoria foi tan clara nesta 112 edición da carreira . Pero non todos andiveron tan finos coma o espectacular ‘Ferrari’. Algunha burra e xinete estaban un pouco perdidos á hora de encontrar a meta.
A carreira congregou a multitude de xente. Ademais da troula e o espectáculo, o obxectivo da carreira é a conservación e protección do burro.
Como en toda competición, tamén houbo premios. Un saco de penso para todas as burras participantes e cartos para os xinetes. 50 euros para o terceiro, 100 para o segundo e 150 para o vencedor absoluto. ‘Ferrari’ fixo gañadores a Francisco Patiño e Yolanda Nogueira. O resto dos vencedores na categoría masculina foron Marcos Cerro e Pablo Muñiz con ‘Facundo’ e ‘Misterio’, respectivamente. Nas mulleres, outra das anécdotas. Paula Señarís, reporteira da TVG, inscrita no último momento, quedou terceira coa burra ‘Pepa’ e ‘Gitano’ facía segunda a Almudena.
Redacción Salnés